Saturday 18 de May de 2024

Contacontos para celebrar o Día da Biblioteca


Co gallo do Día da Biblioteca que tivo lugar hoxe, 24 de outubro, a biblioteca municipal de Ordes convidou aos nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos de idade a participar nun contacontos. Neste caso o relato ofrecido levaba por título ‘Dada o Duende’, e forma parte do programa de dinamización á lectura Ler conta moito, levado a cabo pola Xunta de Galicia.

Por outra banda este vindeiro venres ás 18.30 horas, tal e como sempre acontece o último de cada mes, está prevista unha nova entrega das Tardes de contos e lendas. ¿Como axudo a Antón? será a historia que se ofrecerá para un público con idades comprendidas entre os 5 e os 7 anos. Para poder asistir será necesario reservar praza chamando ao 981681992, ou ben solicitándoa na mesma biblioteca durante a mañá.